- Error
- Error
Noticias Edición LV
VI Congreso Galego de Medio Ambiente & Saúde - LV Curso de Saúde Ambiental (Illa da Toxa - O Grove, 23-27 Febreiro 2015) - Reportaxe especial
A vila de O Grove, acubillou do 23 ao 27 de febreiro a celebración do VI Congreso Galego de Medio Ambiente & Saúde - LV Curso de Saúde Ambiental, que tivo como sede anfitriona e organizativa ao Concello do Grove, e contou coa presenza de 40 expertos de recoñecido prestixo e profesores do máis alto nivel, o que convertiu á vila de O Grove durante esa semana na capital do medio ambiente de Galicia ao ser punto de encontro de 200 persoas procedentes de máis de 40 concellos de Galicia. O devandito congreso forma parte do Programa Galego Municipios Saudables e Sostibles 2000-2015, iniciativa itinerante pioneira en Europa e referente da formación ambiental en Galicia.Arrincou no ano 2000 cos parabens de la OMS e baixo a dirección do profesor Francisco Peña (ponteareano de pro), fundador responsable do Programa Galego Municipios Saudables e Sostibles e director dos Cursos de Saúde Ambiental, tras 15 anos de periplo itinerante pola xeografía galega e 55 edicións de Cursos de Saúde Ambiental realizados en Galicia desde a súa posta en marcha no ano 2000, está contribuindo a sentalos alicerces do desenrolo sostible futuro de Galicia, coa participación de 260 concellos e 5.451 ambientalistas ata o momento.
NDEA Nº 2 Marzo 2015 (portada) (558.41 kB)
NDEA Nº 2 Marzo 2015 (p.27) (258.04 kB)