Palas de Rei acolle unha nova edición dos cursos de saúde ambiental
O municipio lucense de Pala de Rei acolle, do 17 ao 20 de febreiro, a 53 edición dos cursos de saúde ambiental, que terá lugar no Centro Comarcal A Ulloa. Esta edición está enmarcada no Programa Galego de Municipios Saudables e Sostibles 2000-2014, que conta co apoio da Organización Mundial da Saúde (OMS), o evento desenvolverase baixo a dirección do profesor Francisco Peña Castiñeira
ESTRUTURA
A través de catro mesas redondas abordaranse distintas temáticas vinculadas ao sector ambiental nas que cobrarán protagonismo a xestión da auga, dos residuos, o cambio climático e a xestión sostible dos recursos naturais.
Así, o primeiro día, será Ángel Gómez Amorín, subdirector xeral de Programas de Control de Riscos Ambientais para a Saúde da Xunta de Galicia, o encargado de moderar a mesa redonde auq eleva por títuo "Saúde ambiental, modelo enerxético sostible e loita contra o cambio climático", contando para isto coas achegas do director de Meteogalicia, Vicente Pérez Muñuzuri, un representante de Gas Natural Fenosa, e outro de Isempa, que se encargará de proporcionar a información sobra a actividade e alcance da planta de biomasa de Palas de Rei.
XESTIÓN DAS AUGAS
A xestión das augas liderará a segunda xornada baixo a coordinación de Julia Melgar, profesora de Toxicoloxía e coordinadora do Plan de Desenvolvemento Sostible da Facultade de Veterinaria da USC, que estará acompañada polo director de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, o xefe de Viaqua, Jose Antonio del Rey, e o xefe de Servizo de Espina&Delfín, Pablo Méndez.
A xestión dos residuos de Galicia chegará o terceiro día co relatorio do presidente de Sogama, Luis Lamas, sobre as implicacións ambientais, económicas e sociais do modelo polo que apostou a empresa pública, ao que seguirá o subdirector xeral de Residuos e Solos Contaminados dda Consellería de Medio Ambiente, Miguel Ángel Veiga, quen falará dos pormenores do plan galego de xestión de residuos urbanos 2010-2020, así como a intervención do profesor Florentino Díaz, do Campus de Lugo, que disertirá sobre a actividade agrogandeira e as posibilidades da valorización na provincia.
Pechará a quenda de intervencións o concelleiro e tenente alcalde de Palas de Rei, Amando Sende, desgranando as ventaxes da compostaxe doméstica no ámbito rural e experiencia do concello na materia.
VISITAS
O curso, complementarase cunha serie de visitas prácticas á ETAP e EDAR municipais, a área recreativa da Peneda, en Monterroso, os petroglifos de Antas de Ulla, Serra de Caerón, Torrentes de Mácara, Castelo de Pambre e Igrexa de Vilar de Donas.
O curso culminará con varias conferencias vinculadas ao turismo sostible e que se aglutinarán na mesa redonda "A Xestión sostible dos recursos naturais como factor de desenvolvemento socioeconómico da Biscarra de Ulloa, contando coas intervencións de Antonio Riguero, catedrático de Botánica Forestal e director da Estación Científica do Caurel da USC, María Nava, Directora de Turismo da Xunta, así como de José Luis Carrera e Jesús Quintá, xerentes de Arqueixal e Alibós respectivamente.
BOLSAS GRATUITAS
Un total de 50 bolsas gratuitas, que se cubriran por rigorosa orde de inscrición, serán destinadas a este evento, estando orientadas a empregados públicos da administración, asi como a resposables políticos dos distintos concellos galegos, estudantes universitarios e de ciclos educativos de Formación Profesinal de caracter ambiental, e desempregados e representantes de asociacións sen ánimo de lucro. O correo electrónico para consultar dúbidas é
Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
Crónicas da Comarca da Ulloa, 01/2014 (2.72 MB)