Error
  • JFolder::create: Could not create directory
Error
  • JFolder::create: Could not create directory

O río Miño/Minho: un dos tesouros ambientais de Galicia

icon NDEA Nº 1 Febrero 2015 (3.76 MB)

 

O rio Miño é un dos tesouros ambientais de Galicia e Portugal que é preciso protexer e conservar, pois forma parte do noso patrimonio natural,económico e social, como legado para as xeracións vindeiras.

 

Breve referencia do río Miño

O río Miño é o máis longo, caudalogo e importante de Galicia, unha vez recibido o seu aluente máis importante: o Sil. Está situado no noroeste peninsular, nace en Fontemiña, nas erra de Meira e na provincia de Lugo. Pasa por Lugo e Ourense, Ribadavia e Tui para ir a desembocar na Guarda entre España e Portugal. No seu tramo final sirve de frontera entre Galicia e o Norte portugués e conforma o estuario entre a Guarda e Camiña 8portugal). É navegable nos seus últimos 33 kms. ata Tui que queda separada de Portugal (Valençà do Miño) polo propio rio Miño. Mide aproximadamente uns 310 kms. E drena unha ampla conca dus 12.000 kms. Nos seus primeiros 40 kms. De recorrido pola provincia de Lugo (Terra Chá) poden aprediarse paisaxes dunha beleza extraordinaria como son os caneiros e insuas entre os concellos de Rábade e Outeiro de Rei. Entre Lugo e Ourense forma tres embalses como son os de Belesar, os Peares e Velle. Entre Ourense e a frontera con Portugal conta con dousw embalses máis, o de Castrelo de Miño e o de Frieira. que conforman unha paisaxe espectacular xunto aos Canons do Sil (un dos lugares máis emblemátticos de Galicia), e as vistas panorámicas da Ribeira Sacra ., cos seus estupendos viños con D.O. asi como un patrimonio cultural cos antiguos monasterios que poden ser visitados na actualidade.

 

Fortalezas e potencialidades do rio Miño

Debemos resaltar que todo o curso do río Miño está declarado Reserva da Biosfera. Na provincia de Lugo, cabe destacar a Reserva da Biosfera Terras do Miño (LIC Parga-Ladra-Támoga). Trátase da primeira Reserva da Biosfera declarada en Galicia, e a segunda máis grande da Península Ibérica, formando parte da Rede de Reservas da Biosfera Mundiais. Na conca alta do Miño hai diversos tipos de ecosistemas acuáticos, que son típicos da rexión bioclimática do Atlántico. Afluentes como o Parga, o Ladra, o Támoga, forman un complexo húmido característico, formado por unha extensa rede de canales, lagoas e terreos asulagados a os que están asociados zonas agrícolas e de pastos, bosques de ribeira, turberas e carballeiras. Esta grande diversidade de hábitat acolle numerosas especies de aves durante o invierno. O LIC do Baixo Miño forma parte da Rede Natura 2000, Zona de especial protección dos valores naturais e área ZEPA. Está situado ao sur da provincia de Pontevedra, ao suroeste de Galicia, inclúe a parte española do río Miño, coas suas ribeiras dende a presa de Frieira ata a desembocadura. O tramo do Baixo Miño da lugar a unha ria estreita e con depósitos de sedimentos polo que é unha reserva de marismas e estuarios. Cabe destacar que esta zona está sometida a unha certa presión urbanística, cinexética e pesqueira, ao que se suma a contaminación xerada polos residuos urbanos, que plantea problemas e dificultades para a sua conservación. O rio Miño tamén é soporte de actividades deportivas : esquí acuárico, piragüismo, vela, etc., e ao seu paso polos distitos municipios é punto de encontró . de de lecer, de contacto coa natureza e saúde. Un paseo polas ribeiras do rio é delicioso, se ben hai que facer compatible o uso da pesca e importante valor ecolóxico co disfrute destas zonas naturais do rio.

 

Riqueza faunística e florística do río Miño

En relación coa riqueza faunística cabe destacar que en todo o curso do rio atópanse peixes como a troita e a angula., ademais de mamíferos como o desmán ibérico e a nutria. No trramo alto atópanse ametidas e ¿sisóns?. Cipridos como cacho, bramédela, boga, e dentro dos ¿gastearástenos? Está o espiñento. O tramo baixo do rio Miño acolle en inverno aves acuáticas (porrón mondo, chirleite común e a avefría). Existe unha grande variedade de peixes (salmón, lamprea marina), asi como outras especies como o sábalo, a saboga e a solla. En cuanto á riqueza florística, no tramo alto atópase unha vexetación formada por bosques aluviais de alisios e frésnos, reboles e arganas. Existe unha gran variedade de especies de flora, entre as que cabe destacar o aboédela, alcrique, albo, ¿ameixa?, castaño, frésano común, rebole, sacie cincento, etc.

 

Algunhas medidas de prevención e propostas de mellora para o río Miño

Faise preciso evitar os verquidos de augas residuais urbanas ou industriais ao rio Miño sin que reciban o tratamento previo axeitado en EDARs e EDARIs.respectivamente. Armonizar o urbanismo con o medio ambiente:é preciso integrar a urbanización e o urbanismo co medio ambiente sendo respectuosos coas márxes dos ríos as paisaxes. Evitar a extracción de áridos, vixando para que esto non ocorra. Xestión adecuada dos residuos urbanos, erradicar os verquidos incontrolados, dispoñer de papeleras en lugares estratéxicos que son especialmente visitados coa finalidad de facilitar aos ciudadanos o cuidado da natureza Faise precisa unha maior vixianza e control do ambiente E necesario que exista unha maior vixianza e contro ambiental por parte da Aminisstración. Dedicar máis recursos á protección e conservación do medio ambiente. Impulsar a formación, investigación e educación ambiental, pezas clave dunha política ambiental de carácter preventivo. O medio ambiente é unhqa tarefa de todos; hai que propiciar unha maior concienciación social e participación activa dos cidadáns na defensa da natureza; é preciso un maior compromiso por parte de todosmaior compromiso por parte de todos os axentes sociales).

 

Cales son as ameazas e perigos que acosan ao río Miño?

  • Os verquidos de augas residuais agrícolas e industriais constitúen unha das ameazas, ainda que en menor medida que noutros tempos por dispoñer actualmente alguns concellos con Estacións depuradoras de augas, ainda que se precisa un axeitado mantemento do seu funcionamento. A xestión da calidade das augas esixe un tratamento das augas residuais urbanas (EDARs) e industriais (EDARLs), sobre todo se temos en conta que a Directiva Marco da Agua da Unión Europea do ano 2000 tiña como obxectivo que todas as aguas superficiais dos estados membros consigan un bo estado ecolóxico, polo que resulta imprescindible unha xestión integral dos ecosistemas (desde o estado de conservación do bosque de ribeira ata a construcción de infraestructuras hidráulicas ou a contaminación difusa dos cursos fluviais.)
  • A sustitución do bosque de ribeira por pasteiro ou por reploblacions forestais de eucalipto e pino galego.
  • O desenvolvemento e a presión urbanística, cinexética e pesqueira.
  • A inadecuada xestión dos residuos urbanos, agrícolas e industriais, dando lugar a problemas de contaminación o que dificulta a súa conservación. Os incendios forestais na súa mayoría intencionados é unha das principais lacras de Galicia, ademáis das consecuencias de carácter económico e social, supoñen un impacto ambiental dobre o solo, a vexetación, a fauna , o clima, etc.
  • O uso intensivo de praias e a maquinaria utilizada para limpialas supón unha ameaza para a vexetación dunar.
  • A extracción de áridos, prohibida, supón un problema de impacto ambiental coas conseguintes consecuencias invertebrada, alterando a cadea trófica, reduce a luminosidade das augas como consecuencia da turbidez, produce contaminación acústica, adeamis do risco de movilizarse os metáis pesados depositados no fondo.