Error
  • JFolder::create: Could not create directory
Error
  • JFolder::create: Could not create directory

A saúde ambiental do planeta: un dos grandes desafíos da humanidade para o século XXI

icon NDEA Nº 03 abril 2015 (p. 05) (516.87 kB)

 

A interacción entre o medio ambiente e a saúde ten unha relevancia fulcral para a saúde do planeta e dos seus habitantes. De alí a necesidade de pular pola habitabilidade da terra adiantándonos aos problemas e ás súas consecuencias cos medios que posuimos, pensando nas xeracións futuras. Cómpre posibilitar unha vida digna na que todas as persoas teñan cubertos os seus dereitos fundamentais: a alimentación, a auga potable, a saúde, a educación, a liberdade e a paz. Todo esto só será posible se se aplican os principios esenciais de xustiza, liberdade, igualdade e solidaridade. A saúde ambiental do planeta, ten que ser unha esperanza acadable e deberá mudar nunha realidade tanxible para todo o planeta. Cómpre pular por unha política ambiental eficaz, de carácter preventivo para abordar con garantías a resolución dos problemas ambientais, asemade inserir a política ambiental na socioeconomía e dotala dos recursos dabondo para a corrección de riscos. O compromiso medioambiental, implica destiñar máis recursos e unha dedicación continua ao longo de todo ao ano. Na saúde das persoas existen componentes de predisposición xenética, pero os factores de risco ambientais e os estilos de vida inadecuados inciden nunha maior proporción na aparición de enfermedades da civilización actual. A modo de exemplo poderiamos salientar que se producen ao ano 7 millóns de mortes prematuras pola exposición á contaminación do aire. A OMS prevee que en maio deste ano, apróbese unha resolución sobre a “Calidade do aire e saúde. Temos que estar preparados para afrontar as posibles consecuencias do cambio climático, cómpre establecer unha estratexia axeitada para afrontar o impacto do cambio climático nas persoas, sobre todo nas ciudades e poboacións costeiras que serán as máis ameazadas.

 

O cambio climático supón a oportunidade de implantar políticas públicas sanitarias que inflúan na consolidación de modelos sostibles e hábitos de vida saudables. Eidos como a planificación enerxética, urbanística e os cambios nos transportes (a movilidade verde), serán algún dos eixos a termos en conta para adiantarmos aos acontecementos e minimizar as súas consecuencias. O futuro está por facer, está nas nosas mans que tipo de sociedade queremos construir para deixarxe ás seguintes xeracións. Xuntos e unidos poderemos construir un mundo mellor.

 

Todos temos o compromiso como cidadáns ceibes e responsables de participar activamente na construcción do futuro. Cómpre mudar o silencio en compromiso participativo. Temos que aprender a traballar xuntos con aqueles que pensan distinto porque son moitas máis as cousas que nos unen que as que nos separan. É preciso reducir a crispación na sociedade en todos os eidos, especialmente no político. Debemos acabar coa corrupción, que a xustiza sexa implacable cos corruptos, xa que todos somos iguais ante a lei. Nesta época de crise, paro e fame, resulta inaceptable o elevadísimo nivel de corrupción; asemade resulta tamén intolerable a cantidade de recursos que se adican ao armamento utilizado para asesinar persoas nas guerras. Menos inversións en armas e máis recursos para combater a fame no mundo e as desigualdades sociais. Desde o respecto á diversidade e á liberdade do ser humano teremos que esforzarnos desde a nosa responsabilidade individual en sermos testemuña viva de comportamentos humanos ateigados de maior liberdade, responsabilidade, honradez e tolerancia, solidariedade, defensa e respecto pola dignidade humana, prevalecendo os valores éticos, morais e espirituais, que son os que realmente sustentan o ser da persoa. Temos que ser capaces entre todos de construir un mundo novo, un tempo novo para todos os habitantes da terra, no que as palabras guerra, corrupción e violencia non existan. Ese día gañaremos o futuro. O medio ambiente é patrimonio da humanidade e a súa conservación esixe o esforzo solidario de toda a sociedade no seu conxunto. A saúde ambiental do planeta está nas nosas mans, é unha tarefa de todos acadarmos algún día ese obxectivo fulcral para a humanidade. O medio ambiente non ten fronteiras, é de vital importancia a cooperación das nacións dos cinco continentes e á coordinación dos actores principais que as representan, establecendo estratexias de actuación conxunta por parte de todos os sectores sociais: políticos, empresarios, científicos, ecoloxístas, medios de comunicación e poboación civil, superando ideoloxías, localismos ou intereses económicos. O aire que respiramo, a auga que bebemos, a comida que xantamos, a chan no que vivimos, o lixo que xeramos e as paisaxes que gozamos, non teñen cor política nin económica nin étnica nin relixiosa. Todos os seres humanos temos que estar en condicións de igualdade ante a saúde, a educación e a vivenda, para poder desfrutar dunha vida digna e dun medio ambiente sano, e o que é máis importante que entre todos sexamos capaces de construirmos un mundo mellor, un planeta en paz; xusto, solidario, sano e sostible, para todos os que estamos, e os que virán. Agradeceránnolo. Que así sexa.