Error
  • JFolder::create: Could not create directory
Error
  • JFolder::create: Could not create directory

icon Cartel (2.74 MB)

icon Programa (10.41 MB)

 

LUNS, 23 DE FEBREIRO

 

16.00 h | Benvida aos congresistas: acreditación e entrega de documentos

16.30 h | Acto inaugural do congreso/curso e entrega de insignias e medallóns de prata e esmalte do Programa Galego Municipios Saudables e Sostibles 2000-2015 a personalidades relevantes do ámbito científico, empresarial e político, a cargo de:


D. Miguel Ángel Pérez García
Alcalde do Concello do Grove


D. Rafael Louzán Abal
Presidente da Deputación de Pontevedra


D. Gonzalo Durán Hermida
Presidente da Mancomunidade do Salnés


D. Ángel Gómez Amorín
Subdirector xeral da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e vicepresidente da Sociedad Española de Sanidad Ambiental


D. Manuel Fernández Pellicer
Delegado xeral Galicia de Gas Natural Fenosa


D. José Alfredo Bea García
Segundo tenente de alcalde, concelleiro de Seguridade e Emerxencias, Medio Ambiente e Limpeza, Deportes e Xuventude do Concello do Grove


D. Francisco José Peña Castiñeira
Director do VI Congreso Galego de Medio Ambiente & Saúde - LV Curso de Saúde Ambiental


Alcaldes dos concellos da comarca do Salnés


17.15 h | Mensaxe inaugural por videoconferencia: “A saúde ambiental do planeta: un desafío global para a humanidade no século XXI”, a cargo da Dra. D.ª María Neira, directora Department of Public Health and Environment – World Health Organization (WHO), desde a sede da OMS en Xenebra


17.30 h | I Sesión plenaria: “Aire limpo, loita contra a contaminación e o cambio climático. Cal será o transporte ecolóxico nas cidades no futuro?”


Presidente: D. Ángel Gómez Amorín
Subdirector xeral de Programas de Control de Riscos Ambientais para a Saúde da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. Vicepresidente da Sociedad Española de Sanidad Ambiental


Relatores:
A calidade do aire en España
Dra. D.ª Rosalía Fernández Patier
Doutora en Farmacia. Ex directora do Centro Nacional de Sanidad Ambiental. Xefa do Área de Contaminación Atmosférica do Centro Nacional de Sanidad Ambiental do Instituto de Salud Carlos III do Ministerio de Economía y Competitividad. Experta en calidade do aire. Representante español nas Directivas Comunitarias de Calidade do Aire


O papel do gas natural na mitigación do cambio climático
D. Amado Gil Martínez
Xefe do Departamento de Cambio Climático de Gas Natural Fenosa


Mobilidade verde: vehículo eléctrico + enerxías renovables”
D. Francisco Silva Castaño
Delegado de Iberdrola en Galicia


O cambio climático e a sáude: propostas de intervención
Prof. Dr. José Vicente Martí Boscà
Ex presidente da Sociedad Española de Sanidad Ambiental. Xefe da Unidade de Sanidade Ambiental da Dirección Xeral de Saúde Pública da Generalitat Valenciana. Profesor asociado de Saúde Pública da Universitat de Valencia.
Director do libro: “Cambio Global España 2020/50. Cambio Climático y Salud”

 

MARTES, 24 DE FEBREIRO

 

10.00 h | Conferencia monográfica: “Evolución da cría dunha especie vulnerable na Comarca do Salnés: píllara das dunas (Charadrius alexandrinus). Resultados da campaña 2014
D. Gustavo Ferreiro Martínez
D.ª Encarnación González Rodiño
Ornitólogos. Coordinadores de SEO BirdLife - Pontevedra


11.00 h | II Sesión plenaria: “A ría de Arousa como factor de desenvolvemento socioeconómico da comarca do Salnés e de
Galicia: estado actual e propostas de mellora”


Presidente: D. José Alfredo Bea García
Concelleiro de Medio Ambiente do Concello do Grove


Relatores:


Programa de seguimento da contaminación química na ría de Arousa
Dra. D.ª Victoria Besada Montenegro
Investigadora do Instituto Español de Oceanografía-Centro Oceanográfico de Vigo do Ministerio de Economía y Competitividad


Programa de control das zonas de produción de moluscos bivalvos na ría de Arousa
Dra. D.ª Covadonga Salgado Blanco
Doutora en Ciencias Químicas e licenciada en Farmacia. Directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño da Consellería de Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia


Contribución da Mancomunidade do Salnés ao desenvolvemento sostible da ría de Arousa
D. Xosé Ramón García Guinarte
Xerente da Mancomunidade do Salnés


A problemática do sector pesqueiro, marisqueiro e da acuicultura vinculado á ría de Arousa
D. José Antonio Gómez Castro
Presidente da Federación Provincial de Confrarías de Pontevedra


16.30 h | III Sesión plenaria: “A calidade das augas e a súa xestión na comarca do Salnés: elemento crítico para a saúde e o desenvolvemento sostible


Presidente: Prof. Dra. D.ª María Julia Melgar Riol
Catedrática de Toxicoloxía da Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo). Académica correspondente da Academia de Farmacia de Galicia


Relatores:


Novas tendencias na sostibilidade das augas
Prof. Dr. D. Aurelio Hernández Muñoz
Catedrático emérito de Enxeñería Sanitaria e Ambiental da Universidad Politécnica de Madrid. Catro sexenios de investigación acreditados e máis de corenta teses de doutoramento dirixidas. Tras cincuenta anos de experiencia profesional no sector das augas, ten un recoñecido prestixio a nivel internacional, con 25 estancias no estranxeiro. É autor de nove libros e de sete patentes e tres modelos de utilidade. Elaborou diversos plans de abastecemento e saneamento ademais de intervir en máis de douscentos proxectos de depuradoras. Ten no seu haber a Medalla da UPM e diversos premios recibidos


Estado actual dos plans de saneamento integral dos concellos da ría de Arousa
D. Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia


Diagnóstico do sistema de abastecemento de auga do Salnés: propostas de mellora”
D. José Antonio del Rey Martín
Xerente de Operacións de Viaqua


Nova EDAR municipal do Concello do Grove
Prof. D. Francisco Alonso Fernández
Director do proxecto de obra da EDAR do Concello do Grove. Xefe do Servizo Territorial de Zona Galicia Sur de Augas de Galicia da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia. Profesor da Universidade de Vigo


Nova tecnoloxía de depuración de contaminantes emerxentes en augas residuais
D.ª Lucía Señoráns Rivas
Responsable do Departamento de I+D+i de Espina Obras Hidráulicas, S.A.

 

MÉRCORES, 25 DE FEBREIRO

 

10.00-14.00 h | Ruta de turismo verde polos xardíns históricos e árbores monumentais da comarca do Salnés, a cargo do Prof. Dr. D. Carlos Rodríguez Dacal, doutor en Bioloxía, catedrático de Ciencias Naturais, botánico especialista en xardinería e flora ornamental, que inclúe as seguintes visitas:


Xardíns do Balneario da Illa da Toxa (O Grove)


Figueira do Meco e Centro de Interpretación da Natureza no Monte da Siradella (O Grove)


Ciprés de California no Pazo de Quintáns (Meis)


Magnolia de Valle-Inclán e Casa Museo no Pazo do Cuadrante (Vilanova de Arousa)


Xardíns e árbores monumentais no Pazo de Rubiáns (Vilagarcía de Arousa)


16.30 h
| IV Sesión plenaria: “A xestión dos residuos en Galicia, na provincia de Pontevedra e no Salnés


Presidente: Prof. Dr. D. Felipe Macías Vázquez
Catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola da Universidade de Santiago de Compostela


Relatores:


Estado actual da xestión dos residuos en Galicia
D. Miguel Ángel Veiga Campo
Subdirector xeral de Residuos e Solos Contaminados da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia


Residuos urbanos: aproveitamento de materias reciclables
D. Jacobo Patiño López
Director do Complexo Medioambiental do Barbanza – FCC Servizos Cidadáns


Xestión supramunicipal dos residuos domésticos na provincia de Pontevedra
D.ª María Martínez Abraldes
Técnica de Medio Ambiente do Servizo de Cooperación da Deputación de Pontevedra


A reciclaxe no Concello do Grove: un modelo para seguir
D. Francisco Meis Durán
Técnico de Medio Ambiente do Concello do Grove

 

XOVES, 26 DE FEBREIRO

 

09.45-14.00 h | Visitas prácticas:


09.45 h
| Balneario Gran Hotel La Toja, a cargo do Dr. D. Julio Cascallar, director médico.


10.00 h | Hotel Balneario Isla de la Toja, a cargo da Dra. D.ª Marta Arribas, directora médico.

10.45 h | EDAR municipal do Grove, executada por Espina Obras Hidráulicas, S.A., a cargo de D. Francisco Javier López Sánchez, director xeral adxunto de Espina Obras Hidráulicas, S.A.

12.00 h | Depuradora de moluscos de Amegrove, S.C. Galega (O Grove).

12.30 h | Viaxe en catamarán pola ría de Arousa, a cargo de Mares do Grove Neptuno Sub. Piscina interior do Hotel Balneario Isla de La Toja

16.30 h | Conferencia maxistral: “O emprendemento verde: oportunidades de futuro para crear renta e emprego”
Prof. Dr. D. Domingo Gómez Orea
Catedrático de Medio Ambiente, Ordenación Territorial e Planificación do Desenvolvemento Sostible da Universidade Politécnica de Madrid. Ten máis de 40 anos de experiencia profesional repartidos entre a empresa privada, a Administración pública, o exercicio libre da profesión e a universidade, e practicada en Europa, África e América. É autor de 25 libros. Deseñou os modelos informáticos/software: MAUSAR, para ordenación territorial; e IMPRO, para avaliación de impacto ambiental. Libros e software que son un clásico de referencia obrigada na materia e de grande utilización en España e Iberoamérica. É responsable do desenvolvemento de conceptos, métodos e técnicas que na actualidade se consideran plenamente incorporadas á ciencia. Entre elas, destacan a xeneralización do concepto de “impacto ambiental”; os criterios para determinar a significación do impacto ambiental; ou a metodoloxía para a ordenación territorial e para a planificación do desenvolvemento sostible. Premio Augusto González Linares a unha traxectoria en medio ambiente e territorio, promovido polo Goberno de Cantabria e a Universidade de Cantabria.

18.00 h | V Sesión plenaria: “Algunhas experiencias de emprendemento empresarial: a súa contribución ao desenvolvemento sostible de Galicia e do Salnés
Presidente: D. José Antonio Sánchez Loureda
Delegado Galicia de Vendas e Operacións de Gas Natural Fenosa

Relatores:


A xestión ambiental como xeradora de rendibilidade empresarial
D. José Enrique Rodríguez Coello
Xefe do Servizo Comercial de AENOR en Galicia


Código de boas prácticas para a normalización da xestión ambiental nas empresas, centros educativos e concellos
D.ª María Victoria Escuredo Merino
Xefa do Departamento de Consultoría e Medio Ambiente de Novotec Galicia


O papel das ESES no proceso de mellora climática: actuacións en Galicia
D.ª Sonsoles Sánchez
Departamento de Desenvolvemento Portafolio de Servizos Enerxéticos de Gas Natural Servizos. Enxeñeiro industrial pola UPM, especialista en enerxía, MBA polo IE Business School. Experta no sector enerxético e na xestión de grandes proxectos, con 15 anos de experiencia nas áreas de enerxías renovables, eficiencia enerxética, xestión da enerxía, planificación estratéxica e transporte de combustibles alternativos

 

VENRES, 27 DE FEBREIRO

 

10.00 h | VI Sesión plenaria: “Xestión sostible dos recursos naturais como factor de desenvolvemento socioeconómico de Galicia e da comarca do Salnés”


Presidente: D. Estanislao Fernández de la Cigoña Núñez
Naturalista e investigador. Presidente da Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía. Medalla de prata de Galicia concedida pola Xunta de Galicia


Relatores:


Posta en valor do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, con especial referencia ás illas de Cortegada, Ons e Sálvora
D. José Antonio Fernández Bouzas
Director do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia


Como influiu o descubrimento das augas minero-medicinais no impulso do turismo na comarca do Salnés: evolución e situación actual
Dr. D. Enrique Piedras García
Director médico do Talaso Hotel Louxo La Toja (Illa da Toxa-O Grove)


A industria enolóxica e o medio ambiente
D. Ramón Huidobro Vega
Secretario-xerente do Consello Regulador de D. O. Rías Baixas


O Seprona: a súa contribución á protección da natureza no Salnés”
D. Héctor Mariano García Coello
Cabo primeiro xefe da Patrulla do Seprona de Vilagarcía de Arousa


O turismo sostible en Galicia, con especial referencia ao Salnés: posta en valor do contorno natural como medio de recreo e rendibilidade económica
D.ª María Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia


13.30 h
| Acto de clausura do congreso/curso e entrega de diplomas acreditativos, a cargo de:

D. Miguel Ángel Pérez García
Alcalde do Concello do Grove

D.ª María Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia

D. Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública da Xunta de Galicia


D. Julio Masid Bande
Director Concesiones de Viaqua


D. Francisco José Peña Castiñeira
Director do VI Congreso Galego de Medio Ambiente & Saúde - LV Curso de Saúde Ambiental


Alcaldes dos concellos da comarca do Salnés