Error
  • JFolder::create: Could not create directory
Error
  • JFolder::create: Could not create directory

icon Programa LIV.pdf (1.66 MB)

icon Cartel LIV.pdf (2.04 MB)

icon X-display LIV.pdf (1.15 MB)

 

LUNS, 13 DE OUTUBRO

10:00 H.: BENVIDA AOS CONGRESISTAS: ACREDITACIÓN E ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN.

11:00 H.: ACTO INAUGURAL DO CONGRESO, QUE INCLÚE:

- DISCURSOS DAS AUTORIDADES E PERSONALIDADES RELEVANTES INVITADAS (CASA REAL, GOBERNO DE ESPAÑA, XUNTA DE GALICIA, CONCELLO DE LUGO, DEPUTACIÓN DE LUGO, UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, SESA, SPSA).

- ENTREGA DO MEDALLÓN DE PRATA E ESMALTE CONMEMORATIVO DO PROGRAMA GALEGO MUNICIPIOS SAUDABLES E SOSTIBLES 2000-2014 A PERSONALIDADES RELEVANTES DO ÁMBITO POLÍTICO, CIENTÍFICO E EMPRESARIAL:

12:30 H.: MENSAXE DA OMS DESDE A SÚA SEDE EN GINEBRA: “FOMENTAR UN MEDIO AMBIENTE MÁIS SAUDABLE COMO UN DESAFÍO GLOBAL PARA A HUMANIDADE”, A CARGO DA DRA. MARÍA NEIRA, DIRECTORA DEPARTMENT OF PUBLIC HEALTH AND ENVIRONMENT – WORLD HEALTH ORGANIZATION
(WHO).

13:00 H.: CONFERENCIA INAUGURAL: “O DEREITO DE TODOS OS CIDADÁNS DO MUNDO A UNHA VIDA DIGNA

PROF. DR. D. FEDERICO MAYOR ZARAGOZA
Doutor en Farmacia pola Universidad Complutense de Madrid (1958). Catedrático de Bioquímica da Facultade de Farmacia da Universidad de Granada (1963). Reitor da Universidad de Granada 1968-1972, ademáis de reitor honorario da mesma. Catedrático de Bioquímica da UAM (1972-2004). Exdirector do Departamento interfacultativo de Bioquímica da Universidad de Granada e exdirector do Departamento de Bioquímica da Facultade de Ciencias da Universidad Autónoma de Madrid. Vicepresidente do CSIC (1971) e posteriormente presidente en funcións (1972-1973). Cofundador en 1974 do Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa da Universidad Autónoma de Madrid e do Consejo Superior de Investigaciones Científicas, do que foi ademais presidente científico ata o ano 1978. Subsecretario de Educación e Ciencia do Goberno español (1974-1975). Presidiu a Comisión Asesora de Investigación Científica e Técnica (1974-1977). Diputado ao Parlamento Español (1977-1978). Conselleiro do Presidente do Goberno Adolfo Suárez González (1.977-1978). Presidió a Comisión de Educación e Ciencia do Congreso dos Diputados (1977-1978). Director General Adxunto dea Unesco (1978-1981). Exministro de Educación e Ciencia (1981-1982). Diputado ao Parlamento Europeo (1987). Director xeral da UNESCO (1987-1999). O longo dos 12 anos que estivo ao frente da Unesco, lle deu un novo impulso á misión da organización: “construir os baluartes da paz na mente dos homes” ala converterala nunha institución ao servizo da paz, a tolerancia, os dereitos humans e a convivencia pacífica, mediante actividades no seu ámbito de competencia e sempre fiel o seu cometido orixinal. Exdirector da Fundación Instituto de Ciencias del Hombre. Presidente do Consello Científico da Fundación Ramón Areces desde 1993. É membro de múltiples organizacións, academias e asociación nacionais e internacionais, entre outras: Sociedad Española de Bioquímica (1964) da que foi presidente (1970-1974), Asociación Americana para o Fomento da Ciencia (1965), Sociedad de Bioquímica do Reino Unido (1966), Real Academia Nacional de Farmacia (1975), Club de Roma (1981), Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1994), Academia de China das Ciencias (1994), Academia Rusa de Ciencias (1999), Real Academia Nacional de Medicina (2002), e membro fundador da Real Academia Europea das Ciencias, as Artes e as Letras. Escribiu máis de 50 obras de investigación sobre o metabolismo dos aminoácidos e a patoloxía molecular perinatal. Articulista e escritor, autor de numerosos libros. Recibiu condecoracións e distincións de diferentes países. Está en posesión das Grandes Cruces de Alfonso X El Sabio, Sanidade e Carlos III. Doutor Honoris Causa por numerosas universidades nacionais e internacionais, entre elas a USC. No ano 2005 foi designado copresidente do Grupo de Alto Nivel para a Alianza de Civilizacións, polo Secretario General das Nacións Unidas. No ano 2007 foi premiado co recoñecemento Mare Terra dos Premios ONES Mediterrània pola súa traxectoria na loita pola igualdade, a xustiza social e a defensa medioambiental. En xuño de 2008 foi nomeado presidente do Consello Director da Axencia de Noticias Inter Press Services (IPS). Actualmente preside a Comisión Internacional contra a Pena de Morte. Presidente da Fundación Cultura de Paz, constituida en Madrid en marzo de 2000, coa finalidade de continuar coa labor realizada desde a Unesco de impulsar o tránsito dunha cultura desde a violencia e imposición a unha cultura de paz e tolerancia.

16:30 H.: I SESIÓN PLENARIA: “A SAÚDE AMBIENTAL DO PLANETA PARA TODOS: NOVOS RETOS DE FUTURO CARA A UNHA REALIDADE TANXIBLE NO SÉCULO XXI

PRESIDENTE: “A SAÚDE AMBIENTAL EN GALICIA

D. ÁNGEL GÓMEZ AMORÍN
Subdirector xeral de Programas de Control de Riscos Ambientais para a Saúde da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. Vicepresidente da Sociedad Española de Sanidad Ambiental (SESA).

RELATORES:

- “A SAÚDE AMBIENTAL EN ESPAÑA”
PROF. DR. D. JOSÉ VICENTE MARTÍ BOSCÀ
Expresidente da Sociedad Española de Sanidad Ambiental. Xefe da Unidad de Sanidad Ambiental da Dirección General de Salud Pública da Generalitat Valenciana. Profesor asociado de Salud Pública da Universitat de Valencia. Director do libro: “Cambio Global España 2020/50. Cambio Climático y Salud”.

- “A SAÚDE AMBIENTAL EN PORTUGAL”
PROF. DR. D. ROGÉRIO PAULO DA SILVA NUNES
Presidente da Sociedade Portuguesa de Saúde Ambiental. Mestre en Enxeñaría de Seguridade e Hixiene Ocupacionais. Exprofesor adxunto de Saúde Ambiental na Escola Superior de Saúde do Instituto Politécnico de Beja (Portugal).

- “A CALIDADE DO AIRE EN ESPAÑA”
DRA. D.ª ROSALÍA FERNÁNDEZ PATIER
Xefa da Área de Contaminación Atmosférica do Centro Nacional de Sanidad Ambiental do Instituto de Salud Carlos III do Ministerio de Economía y Competitividad.

- “A TOXICOLOXÍA AMBIENTAL E ALIMENTARIA: INSTRUMENTOS IMPRESCINDIBLES DE APOIO Á SAÚDE AMBIENTAL E SAÚDE PÚBLICA”
PROF.ª DRA. D.ª MARÍA ANUNCIACIÓN LAFUENTE GIMÉNEZ
Catedrática de Toxicoloxía da Universidade de Vigo. Exvicepresidenta da Asociación Española de Toxicología.

 

MARTES, 14 DE OUTUBRO

10:00 H.: I CONFERENCIA MAXISTRAL: “NOVOS RETOS NA LOITA CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO CARA A UN PLANETA MÁIS SAUDABLE E SUSTENTABLE”
PROF. DR. D. JOSÉ IGNACIO ELORRIETA PÉREZ DE DIEGO
Doutor en Ciencias Biolóxicas. Exprofesor da Universidad Complutense de Madrid. Exdirector do Instituto de Salud Públicade Navarra. Exdirector xeral de Medio Ambiente do Goberno Foral de Navarra. Exdirector executivo de Sostibilidade da Fundación ISR. Exasesor da OMS. Exdirector xeral de Medio Ambiente e Sostibilidade de Cementos Portland Valderrivas. Está en posesión da Orde Civil de Sanidade.

11:30 H.: II SESIÓN PLENARIA: “POR UN MODELO ENERXÉTICO MÁIS SUSTENTABLE NA LOITA CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO”
PRESIDENTE: PROF. DR. D. JOSÉ VICENTE MARTÍ BOSCÀ
Expresidente da Sociedad Española de Sanidad Ambiental. Xefe da Unidad de Sanidad Ambiental da Dirección General de Salud Pública da Generalitat Valenciana. Profesor asociado de Salud Pública da Universitat de Valencia. Director do libro: “Cambio Global España 2020/50. Cambio Climático y Salud”.

RELATORES:

- “O PAPEL DAS EMPRESAS DE SERVIZOS ENERXÉTICOS NA LOITA CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO”
D. RAMÓN SILVA BURGOS
Responsable de Innovación e Desenvolvemento de Servicios Energéticos Gas Natural Servicios da Dirección General de Negocios Minoristas do Grupo Gas Natural Fenosa.

- “AS ENERXÍAS RENOVABLES NA LOITA CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO”
D. FRANCISCO SILVA CASTAÑO
Delegado de Iberdrola en Galicia.

- “O CAMBIO CLIMÁTICO EN GALICIA: SITUACIÓN ACTUAL E PERSPECTIVAS DE FUTURO”
D. DIONISIO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ
Xefe do Servizo de Cambio Climático e Investigación Ambiental da Subdirección Xeral de Metereoloxía e Investigación da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia.


11:30 H.:
II CONFERENCIA MAXISTRAL: “A SOSTIBILIDADE DOS RECURSOS HÍDRICOS DO PLANETA: NOVOS RETOS DE FUTURO
PROF. DR. D. AURELIO HERNÁNDEZ MUÑOZ
Catedrático emérito de Enxeñaría Sanitaria e Ambiental da Universidad Politécnica de Madrid. Catro sexenios de investigación acreditados e máis de 40 teses doutorais dirixidas. Tras 50 anos de experiencia profesional no sector das augas, ten un recoñecido prestixio a nivel internacional, con 25 estancias no estranxeiro. É autor de 9 libros e de 7 patentes e 3 modelos de utilidade. Elaborou diversos Plans de Abastecemento e Saneamento ademais de intervir en máis de 200 proxectos de depuradoras. Ten no seu haber a Medalla da UPM e diversos premios recibidos

18:00 H.: III SESIÓN PLENARIA: “A XESTIÓN DAS AUGAS EN GALICIA”.

PRESIDENTA: PROF.ª DRA. D.ª MARÍA JULIA MELGAR RIOL
Doutora en Farmacia. Catedrática de Toxicoloxía da Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela-Campus de Lugo. Académica correspondente da Academia de Farmacia de Galicia

RELATORES:

- “A DEMARCACIÓN HIDROGRÁFICA DO MIÑO-SIL: O CAMIÑO CARA A UNHA XESTIÓN INTEGRADA DAS AUGAS”
D. JOSÉ MANUEL BLANCO LÓPEZ
Enxeñeiro de Montes. Área de Xestión Medioambiental, das Augas e Vertidos da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente.

- “MODELO DE XESTIÓN DO CICLO DA AUGA EN GALICIA”
D. GONZALO MOSQUEIRA MARTÍNEZ
Director de Augas de Galicia da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia.

“NOVOS RETOS NA XESTIÓN INTEGRAL DA AUGA”
D. JOSÉ ANTONIO DEL REY MARTÍN
Xerente de Operacións de Viaqua.

“AUGA REXENERADA: OBTENCIÓN E REUTILIZACIÓN PLANIFICADA EN USOS AMBIENTAIS E URBANOS NO CONCELLO DE LUGO”
D. MIGUEL ÁNGEL NEGRAL FERNÁNDEZ
Enxeñeiro de Montes do Servizo de Medio Ambiente do Excmo. Concello de Lugo.

 

MÉRCORES, 15 DE OUTUBRO

10:00-14:00 H.: VISITAS PRÁCTICAS:
- Opción A: ETAP e EDAR municipais de Lugo, Balneario Termas Romanas de Lugo; organizada e coordinada polo Excmo. Concello de Lugo.
- Opción B: Centro de Interpretación da Reserva da Biosfera Terras do Miño (Paseo do río Rato – Lugo), organizada e coordinada pola Excma. Deputación de Lugo.

13:30 H.: Recepción oficial no Excmo. Concello de Lugo, a cargo de D. Xosé López Orozco, alcalde de Lugo.

16:30 H.: IV SESIÓN PLENARIA: “A XESTIÓN INTEGRAL DOS RESIDUOS EN GALICIA: A NECESIDADE DE CONVERTIR OS RESIDUOS NUN RECURSO”

PRESIDENTE: PROF. DR. D. FELIPE MACÍAS VÁZQUEZ
Doutor en Química. Catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola da Universidade de Santiago de Compostela, con 6 quinquenios de docencia e 6 sexenios de investigación recoñecidos. Coordinador do Laboratorio de Tecnoloxía Ambiental do Instirtuto de Investigacións Tecnolóxicas da USC. Investigador principal de máis de 100 proxectos de investigación. Director de 25 Tesis Doctorais. Autor de máis de 250 publicacións relacionadas coa problemática ambiental. Entre outras, é membro electo da “Académie d´Agriculture, Alimentacion e l´Environnement” de Francia na Sección: “Physique et Chimie des Milieux e des êtres vivants” desde 2005. Director xeral da Axencia de Calidade Ambiental da Consellería de Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia (1988-1989). Membro do Consello de Administración de Sogama en representación da Xunta de Galicia (1990-1999).

RELATORES:

- “A POLÍTICA COMUNITARIA E ESTATAL DE RESIDUOS”
D.ª MARÍA JOSÉ DELGADO ALFARO
Subdirectora xeral de Residuos da Dirección General de Calidad y Evaluación Ambiental y Medio Natural do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente.

“A XESTIÓN DOS RESIDUOS EN GALICIA: SITUACIÓN ACTUAL E PERSPECTIVAS DE FUTURO”
D. MIGUEL ÁNGEL VEIGA CAMPO
Subdirector xeral de Residuos e Solos Contaminados da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia.

- “IMPLICACIÓNS AMBIENTAIS, ECONÓMICAS E SOCIAIS DO MODELO SOGAMA PARA A CIDADANÍA GALEGA”
D.ª MARÍA ESTHER CAMPOS MOSQUERA
Responsable de Comunicación de Sogama.

XOVES, 16 DE OUTUBRO

10:00 H.: SESIÓN DE COMUNICACIÓNS TÉCNICAS DE EMPRESAS: “CONTRIBUCIÓN DO EMPRENDEMENTO EMPRESARIAL AO DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE DE GALICIA”

PRESIDENTE: D. JUAN JOSÉ LIRÓN LAGO
Exdirector da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte Portugal (GNP-AECT).

10:15 H.: “A XESTIÓN AMBIENTAL COMO XERADORA DE RENDIBILIDADE EMPRESARIAL”
D. JOSÉ ENRIQUE RODRÍGUEZ COELLO
Xefe do Servizo Comercial de AENOR en Galicia

10:45 H.: “A RESPONSABILIDADE SOCIAL CORPORATIVA COMO FERRAMENTA DE EXCELENCIA EMPRESARIAL”
D.ª MARÍA VICTORIA ESCUREDO MERINO
Xefa do Departamento de Consultoría de Novotec Galicia.

11:15 H.: “INNOVACIÓNS TECNOLÓXICAS NA TELEXESTIÓN DE DISPOSITIVOS CONTADORES PRIME”
D. ÓSCAR MARTÍNEZ SOUSA
Xerente propietario de Telecontrol STM.

11:45 H.: “ESTRATEXIA DE SOSTIBILIDADE DE ALCOA”
D.ª VANESA EXPÓSITO CAMPOS
Responsable de Medio Ambiente de Alcoa San Cibrao.

12:15 H.: “O TERMALISMO COMO FONTE DE SAÚDE, TURISMO E NATUREZA”
DRA. D.ª ASCENSIÓN SÁNCHEZ CARRIÓN
Médico hidrólogo. Directora médica do Balneario Termas Romanas de Lugo.

13:00 H.: III CONFERENCIA MAXISTRAL: “O EMPRENDEMENTO EMPRESARIAL NO SECTOR AMBIENTAL
COMO XERADOR DE ACTIVIDADES CAPACES DE PRODUCIR EMPREGO, SAÚDE E BENESTAR A POBOACIÓN”
PROF. DR. D. DOMINGO GÓMEZ OREA
Catedrático de Medio Ambiente, Ordenación Territorial e Planificación do Desenvolvemento Sostible da Universidad Politécnica de Madrid. Ten 40 anos de experiencia profesional repartidos entre a empresa privada, a Administración pública, o exercicio libre da profesión e a Universidade, e practicada en Europa, África e América. É autor de 25 libros. Deseñou os modelos informatizados MAUSAR, para ordenación territorial; e IMPRO, para avaliación de impacto ambiental. Premio “Augusto González Linares” a unha traxectoria en medio ambiente e territorio, promovido polo Goberno de Cantabria e a Universidad de Cantabria.

16:30 H.: V SESIÓN PLENARIA: “A XESTIÓN SOSTIBLE DOS RECURSOS NATURAIS COMO FACTOR DE DESENVOLVEMENTO SOCIOECONÓMICO DE GALICIA”

PRESIDENTE: PROF. DR. D. DOMINGO GÓMEZ OREA
RELATORES:

- “DIVERSIDADE NATURAL E ECOLÓXICA DE GALICIA”
PROF. DR. D. ROXELIO P. MOREIRA
Experto naturalista. Profesor de Territorio e Paisaxe na Escola Politécnica Superior da Universidade de Santiago de Compostela-Campus de Lugo.

- “O PLAN DIRECTOR DA REDE NATURA 2000”
D. JOSÉ ANTONIO FERNÁNDEZ BOUZAS
Director do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia.

- “PLANS DE ACCIÓN DAS RESERVAS DA BIOSFERA COMO ESTRATEXIA TERRITORIAL DE SUSTENTABILIDADE”
D.ª ANDREA MACHO BENITO
Técnica de Medio Ambiente da Deputación de Lugo.

- “MULTIFUNCIONALIDADE DO MONTE LUCENSE: NOVOS RETOS E OPORTUNIDADES DE FUTURO”
PROF. DR. D. ANTONIO RIGUEIRO RODRÍGUEZ
Catedrático de Botánica Forestal do Departamento de Produción Vexetal e director da Estación Científica do Courel da Universidade de Santiago de Compostela. Académico numerario da Real Academia Galega de Ciencias.

- “XARDÍNS E ÁRBORES MEMORABLES DE GALICIA”
PROF. DR. D. CARLOS RODRÍGUEZ DACAL
Doutor en Bioloxía. Catedrático de Ciencias Naturais. Botánico especialista en xardinería e flora ornamental.

- “O TURISMO SOSTIBLE EN GALICIA: POSTA EN VALOR DO ENTORNO NATURAL COMO MEDIO DE RECREO E RENDIBILIDADE ECONÓMICA”
D.ª MARÍA NAVA CASTRO DOMÍNGUEZ
Directora de Turismo de Galicia.

20:00 h.: ACTO DE CLAUSURA DO CONGRESO

 


.