Error
  • JFolder::create: Could not create directory
Error
  • JFolder::create: Could not create directory

Expertos analizaron en Palas de Rei a problemática galega co medio ambiente

O Centro Comarca da Ulloa, en Palas de Rei foi o lugar elexido para acoller a edición número cincuenta e tres dos cursos de saúde ambiental que se enmarcan dentro do Programa Galego de Municipios Saudables e Sostibles 2000-2014, que conta co apoio da Organización Mundial da Saúde (OMS), baixo a dirección do profesor Don Francisco Peña Castiñeira


CONTIDOS

A través de catro mesas redondas abordáronse distintas temáticas vinculadas ao sector ambiental nas que cobraron protagonismo a xestión da auga, dos residuos, o cambio climático e a xestión sostible de recursos naturais.


VISITAS

O curso completouse con visitas prácticas á ETAP e á EDAR municipais, a área recreativa da Peneda (Monterroso), aos petroglifos de Antas de Ulla, á Serra de Careón, aos Torrentes de Mácara, ao Castelo de Pambre, e á Igrexa de Vilar de DonaS.


CONFERENCIAS

O curso culminou con varias conferencias vinculadas ao turismo sostible e que se aglutinaron nunha mesa redonda que levaba por nome "A xestión sostible dos recursos naturais como factor de desenvolvemento socioeconómico da Bisbarra de Ulloa", contando coas intervencións de Antonio Riguero, catedrático de Botánica Forestal e director da estación científica do Caurel da USC, María Nava, directora de Turismo da Xunta de Galicia, así como José Luis Carrera e Jesús Quintá, xerentes de Arqueixal e Alibós respectivamente.

 

icon Crónicas da Comarca da Ulloa, 02/2014 (379.06 kB)