- Error
- Error
16:00 h.: ACREDITACIÓN E ENTREGA DA DOCUMENTACIÓN.
16:30 h.: ACTO INAUGURAL DO CONGRESO.
17:00-20:30 h.: I SESIÓN PLENARIA: “O camiño cara a saúde ambiental do planeta: modelo enerxético sostible, calidade
do aire e loita contra o cambio climático”
PRESIDENTE: PROF. DR. D. LUIS ESPADA RECAREY
Doutor en Ciencias Químicas pola USC e en Química Aplicada pola Universidad de Manchester. Profesor
emérito e exreitor da Universidade de Vigo. Valedor do cidadán de Vigo. Ten no seu haber 35 libros e monografía
publicadas sobre temáticas relacionadas coa universidade e o desenvolvemento sostible. Medalla Castelao
2011, concedida pola Xunta de Galicia.
RELATORES:
- “Novos retos da saúde ambiental en Galicia”
D. ÁNGEL GÓMEZ AMORÍN
Vicepresidente da Sociedad Española de Sanidad Ambiental (SESA). Subdirector xeral de Programas de Control de Riscos
Ambientais para a Saúde da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade da
Xunta de Galicia.
- “O novo modelo enerxético español e a súa relación coa sostibilidade”
D. FRANCISCO SILVA CASTAÑO
Delegado de Iberdrola en Galicia.
- “Proxecto de rehabilitación medioambiental da mina a ceo aberto de Lignitos de Meirama - Gas Natural Fenosa”
D. ROBERTO GONZÁLEZ PHILIPPON
Responsable de Explotación de Activos Mineros - Unidad de Operación de Recursos Naturales de Gas Natural Fenosa.
- “A calidade do aire en Galicia: sistema de vixilancia e control de emisións”
D.ª Mª LUZ MACHO EIRAS
Directora do Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia.